Que é a viscosidade? / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Que é a viscosidade?

Descrición
Segundo o dicionario da RAG a “viscosidade” é a “resistencia que ofrece un fluído ao movemento uniforme da súa masa, debida ao rozamento das moléculas que o compoñen”. Neste episodio (15´ 36´´) do programa Aquelando con chispa (TVG) David Ballesteros e Manuel Vicente, coa colaboración do alumnado do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela) explícannos o concepto de viscosidade, comproban a viscosidade de varios produtos e realizan unha proba moi divertida para estudar a resistencia dos produtos viscosos .
Metadatos