Unha das sete capitais do Reino de Galicia: o edificio Arquivo como legado | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Unha das sete capitais do Reino de Galicia: o edificio Arquivo como legado

Andrea Riveira (autoría)
Descrición Neste vídeo divulgativo (2´ 22´´) a historiadora Andrea Riveira fálanos dunha construción arquitectónica de especial interese histórico e cultural: o edificio Arquivo da cidade de Betanzos, coñecido popularmente como Liceo, que foi construído na segunda metade do século XVIII. Trátase dun edificio peculiar construído para custodiar o Arquivo do Reino de Galicia, unha función que nunca chegou a cumprir.

A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 22 segundos
Entidades
Creación: Marma
Etiquetas