As listaxes de embarque de pasaxeiros cara a América / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector
Arquivos: conservar a memoria para mellor difundila

As listaxes de embarque de pasaxeiros cara a América

Descrición
As listaxes de embarque de pasaxeiros cara a América, elaboradas pola Comisaría de Policía do Porto de Vigo e custodiadas actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, son unha documentación de gran valor para o estudo da emigración transoceánica dos séculos XIX e XX. Neste vídeo divulgativo (2´ 25´´) explícannos toda a información que conteñen estas listaxes.

A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Metadatos
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 2 minutos e 25 segundos
  • Etiquetas:
  • Entidades:
    Creación:Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra