Xeografía para comprender o territorio | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Xeografía para comprender o territorio

Descrición Valerià Paül Carril, investigador e profesor de Xeografía na USC, fala nesta entrevista (25´ 42´´) de diferentes asuntos relacionados co eido da xeografía: o seu estudo como materia no ensino secundario, a relación entre as ciencias políticas e a xeografía, a relación entre Galicia e o norte de Portugal, a situación dos parques naturais ou a ordenación do territorio.
A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan desde distintas prazas de Santiago de Compostela sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
25 minutos e 42 segundos
Entidades
Creación: Mazarelos Coop