Observando parques infantís | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Observando parques infantís

Descrición Eugenio Rodríguez, docente no Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación da USC, preséntanos neste vídeo (2´ 53´´) o proxecto de aprendizaxe e servizo (ApS) desenvolvido co alumnado da materia “Organización e xestión do centro escolar e xogo infantil” do grao en mestre/a en Educación Primaria. O obxectivo principal do proxecto, realizado en colaboración co Concello de Santiago, era que o alumnado realizase unha observación da variable espacial dos parques infantís da cidade (analizando aspectos como a situación, accesibilidade, seguridade, estado de conservación e tipoloxía dos espazos), así como do tipo de actividades e conductas derivadas do uso que fan destes espazos as nenas e os nenos.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 53 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela