Regresión Linear con geogebra: poboación maior - gasto sanitario | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Regresión Linear con geogebra: poboación maior - gasto sanitario

Aldán Santamarina (autoría)
Descrición Neste vídeo didáctico (26´ 45´´) o profesor Aldán Santamarina convídanos a comprobar se hai correlación entre a porcentaxe de habitantes maiores de 70 anos e mais o gasto sanitario do Estado Español. Para isto, ensínanos como se fai con Geogebra a construción da nube de puntos, o cálculo de parámetros estatísticos e as rectas de regresión coas variables "porcentaxe de persoas maiores de 70 anos" e "gasto sanitario" por Comunidades Autónomas.

A peza está destinada a alumnado de 1º de Bacharelato.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
26 minutos e 45 segundos
Entidades
Creación: IES de Chapela
Etiquetas