Libro de Foros do Mosteiro de Santa María de Aciveiro | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Libro de Foros do Mosteiro de Santa María de Aciveiro

Descrición Os libros de foros eran uns dos diversos documentos que as institucións relixiosas empregaban para controlar o seu patrimonio territorial, rexistrando neles as propiedades aforadas, os beneficiarios dos foros ou as rendas a cobrar. Neste vídeo divulgativo (2´) o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra amósanos o Libro de Foros do Mosteiro de Santa María de Aciveiro (1572-1597).

A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos
Entidades
Creación: Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Etiquetas