Vicente Boceta y Lemos: o notario poeta | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Vicente Boceta y Lemos: o notario poeta

Descrición Os protocolos notariais antigos habitualmente conteñen escrituras de compravenda, doazóns ou testamentos, mais en ocasións atopamos neles outro tipo de textos que nada teñen que ver coa profesión de notario. Neste vídeo divulgativo (2´ 21´´) fálannos dos poemas aparecidos en varios protocolos do notario Vicente Boceta Y Lemos, datados nos anos 1831, 1833, 1834 e 1844, nos que reflexiona sobre a súa profesión e sobre varios acontecementos de carácter socio-político.

A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 21 segundos
Entidades
Creación: Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Etiquetas