O clima: elementos e factores | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O clima: elementos e factores

Blanca Castro Gerpe (autoría)
Descrición Cando falamos de clima referímonos ao conxunto das condicións atmosféricas que caracterizan un lugar. Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, explícanos neste vídeo didáctico (23´ 33´´) cal é a diferenza entre “tempo atmosférico” e “clima”, e cóntanos como inflúen determinados factores (latitude, altitude, relevo, proximidade ao mar, correntes mariñas) nos diferentes elementos que compoñen o clima (temperaturas, precipitacións, humidade, presión e ventos).

A peza foi elaborada para alumnado de 1º de ESO.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
23 minutos e 33 segundos
Entidades
Creación: IES Lucus Augusti