Galicia. Un marco xurídico propio | Vídeo. Remoto. Vimeo | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Vimeo

Galicia. Un marco xurídico propio

Descrición Galicia conta con dereito civil propio e determinadas figuras xurídicas características do noso marco xurídico, nalgúns casos exclusivas, serviron ao longo dos anos para resolver conflitos e ordenar o territorio. Neste documental (31´ 14´´), elaborado pola Universidade de Vigo e mais a Xunta de Galicia, explícanse as especificidades das seguintes figuras xurídicas: os muíños de herdeiros e o retracto de comuneiros; a herdanza en vida, o pacto de mellora e o pacto de apartación; as servidumes de paso e as serventías; e os montes veciñais en man común.

O documental está producido por Celtavision e dirixido por María José Bravo Boch, catedrática de Dereito Romano na Universidade de Vigo, coautora tamén do guión, xunto con Alfonso Castaño.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Vimeo
Medidas
31 minutos e 14 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Universidade de Vigo
Etiquetas