Por que as baleas azuis non teñen cancro? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Por que as baleas azuis non teñen cancro?

Descrición Tendo en conta que o cancro está relacionado cun fallo no mecanismo básico de reprodución celular, o lóxico sería pensar que canto menos células teña un ser vivo e máis curta sexa a súa vida, menos posibilidades terá de padecer cancro; mais o certo é que non é así. Os humanos vivimos moitos máis anos ca os ratos (só viven unha media de 2 anos) e temos miles de veces máis células e, malia todo, a taxa de cancro entre humanos e ratos é basicamente a mesma. Pola contra, animais do tamaño das baleas azuis parecen ser inmunes a esta doenza. Neste vídeo divulgativo (7´ 06´´) ofrécennos as posibles razóns científicas que explicarían o paradoxo.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
7 minutos e 6 segundos
Entidades
Creación: Kurzgesagt
Etiquetas