Os segredos dos túneles subterráneos de Betanzos | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Os segredos dos túneles subterráneos de Betanzos

Ángel Arcay Barral (autoría)
Descrición O termo "azougue" é a forma popular galega para referirse ao mercurio e tamén forma parte do nome dunha igrexa de Betanzos, a igrexa de Santa María do Azougue. O historiador Ángel Arcay cóntanos neste vídeo divulgativo (2´ 02´´) como unha mala interpretación do significado do topónimo provocou que na época medieval se chegasen a escavar varios túneles na cidade de Betanzos na busca do prezado material. Descubrirás tamén cal é o verdadeiro significado do termo “azougue” que forma parte do nome deste templo betanceiro.

A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 2 segundos
Entidades
Creación: Marma
Etiquetas