“especiais” do CCG

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Retrato de Waldo Álvarez Insua, director de El Eco de Galicia da Habana, ca. 1879

Os primeiros pasos para que se materializara a constitución do que sería o emblemático Centro Galego da Habana aparecen publicados nun artigo do xornal El Eco de Galicia, nº 80, do 12 de outubro de 1879, asinado polo seu director Waldo A. Insua. Baixo o título «Conveniencia de establecer un Ateneo Gallego en la Habana» o autor abogaba pola necesidade de creación dun centro «más que un lugar de recreo y divertimento, es una escuela de enseñanza en la que se dan clases de Caligrafía, Aritmética, Gramática, Geografía, Dibujo, Historia, Idiomas y Teneduría de libros (...)".

Compartir: