Carta dos dereitos da muller traballadora
Contido: Folleto de catro páxinas no que as organizacións asinantes fixan os puntos dunha táboa reivindicativa dividida en dous grandes bloques: eliminación das discriminacións legais existentes e que dificultan o acceso das mulleres ao mercado laboral, e un listado de sete propostas para a igualdade de oportunidades e trato para mulleres e homes que atinxen tanto ao ámbito privado como ao público.
Explícase que as reivindicacións e cambios propostos na carta deben ser asumidos polo goberno e pola sociedade en xeral encetando así un camiño efectivo co obxectivo de erradicar as discriminacións que, en función dos sexos, atinxen ás mulleres, dificultan o seu acceso ao mercado laboral e determinan que as tarefas de coidado vinculadas coa familia e o ámbito doméstico son cousa delas.
Autoría: Asamblea de Mulleres de Coruña; Asamblea de Mulleres de Pontevedra; Asociación Galega da Muller de Santiago; Asociación Galega da Muller de Ourense; Coordinadora Femista de Vigo; Secretaría da Muller de Comisións Obreiras da Coruña
Publicación: [Galicia]: Asamblea de Mulleres de Coruña [etc.], 1983
Descrición física: 1 folleto (4 páxinas), 22 x 22cm
Materias: traballo, traballo doméstico, dereito, mulleres, feminismo


