Especial

Aquí medra a lingua

As escolas do país contan as iniciativas que levan a cabo para facilitar o intercambio e a aprendizaxe colectiva da lingua galega. Seis centros educativos desenvolven iniciativas e métodos para promover o uso do idioma. Cada luns, a web do Consello da Cultura Galega publica un novo episodio.

É unha iniciativa da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Dirección e montaxe: Cristina de la Torre
Cámara: Pio Cribeiro




Vídeos

Documental í­ntegro 'Aquí­ medra a lingua'

Versión íntegra do documental.

Modelo Burela

Bernardo Penabade é unha referencia habitual no ámbito da dinamización lingüística escolar en Galicia. Foi o impulsor no ano 2003 de Modelo Burela, un proxecto que segue vixente case vinte anos despois e do que destaca o programa de Radio Neo protagonizado por neofalantes. Pero Modelo Burela é máis: actividades de prestixio da lingua galega, integración de alumnado migrante
e tamén, unha maneira de transformar a sociedade da que a escola é parte.