As razóns da diversidade
Vídeo (66') que recolle a intervención de Ángel Carracedo no ciclo de divulgación científica "Achegando a ciencia 2018".
Nela o relator trata cuestións relacionadas coa xenética e a diversidade biolóxica.
Como construír ADN sintético e envialo a través de Internet
Vídeo de TED (15´ 08´´) no que o biólogo e enxeñeiro Dan Gibson nos explica en que consiste a tecnoloxía das células artificiais e o “teletransporte biolóxico”. Esta charla axudarache a entender como pode construírse ADN sintético e enviar esta información dixital de xeito rápido por Internet para convertela en material biolóxico, como proteínas e vacinas. Trátase dunha revolución tecnolóxica que permitirá no futuro loitar con maior eficacia ante un brote epidémico ou mesmo imprimir medicamentos personalizados para cada paciente no seu propio fogar.
Tradución de Noel Iglesias.
Como desafiamos á industria das patentes xenéticas... e gañamos
Vídeo de TED (18´ 06´´) no que se explica como funciona a industria das patentes xenéticas e os prexuízos que supuñan as súas prácticas tanto para os pacientes como para a investigación biomédica. Tania Simoncelli cóntanos como lograron demostrar ante a Corte Suprema dos Estados Unidos que un segmento natural de ADN é un produto da natureza e non é susceptible de ser patentado polo feito de que fora illado.
Tradución de Adrián Levices.
Como o CRISPR permite editar ADN
Vídeo de TED (4´ 59´´) no que Andrea M. Henle nos fala do CRISPR, unha ferramenta tecnolóxica de edición xénica que lles permite aos científicos mudar as características fundamentais dun organismo en tempo récord. Este vídeo axudarache a entender como funciona o CRISPR e cales son as potencialidades desta prometedora ferramenta, non exenta de debates éticos.
Tradución ao galego de Roi Yáñez González.
Como se expresa a información xenética
Meiose
Vídeo educativo (6´ 45´´), autoría de McGraw-Hill, que che axudará a entender por que os nenos/as non teñen un parecido exacto cos seus proxenitores, ou por que algúns irmáns son tan diferentes entre si. A explicación está no proceso da meiose, a forma de división celular que xera os gametos.
Tradución ao galego de Fátima Ruibal.
Pode explicar a xenética a resposta á Covid?
A charla tivo lugar en novembro de 2020, organizada polo Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela.
Pódense curar as enfermidades xenéticas reescribindo o ADN?
Vídeo de TED (16´ 13´´) no que o bioquímico David R. Liu nos explica en que consisten as enfermidades xenéticas, provocadas por “mutacións puntuais” (cambio dunha única letra) do noso xenoma. En moitas ocasións sabemos con exactitude cal é o cambio de letra que provoca unha determinada enfermidade xenética (como a anemia falciforme ou a proxeria, por exemplo), polo que corrixir ese cambio permitiría curala. David R. Liu preséntanos nesta charla unha ferramenta desenvolvida no seu laboratorio (chamada “edición de bases”) que permite editar o noso ADN corrixindo determinadas mutacións puntuais.
Tradución ao galego de Adrián Regueira-López.
Por que a investigación xenética debe ser máis diversa
Vídeo de TED (6' 48''). O xenetista Keolu Fox descóbrenos que o 96% dos estudos sobre o xenoma baséanse en poboación de ascendencia europea, algo perigoso pois, dependendo da nosa composición xenética reaccionamos de maneira diferente aos medicamentos. Fox traballa na democratización da secuenciación xenómica, promovendo a implicación da poboación indíxena na investigación, e cre que "a comunidade científica necesita somerxerse na cultura indíxena, ou morrer no intento".
Tradución ao galego de Ana García González para #TEDSAÚDE USC.
Problemas de xenética
Xenes
Na realización desta peza participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).


