A mellor oratoria de Otero Pedrayo no seu centenario
No día do 50 aniversario da morte de Ramón Otero Pedrayo, ofrecemos seis documentos sonoros coa súa voz, aínda inéditos, preservados no Arquivo Sonoro de Galicia. Corresponden á súa viaxe a Arxentina de 1959, onde foi o convidado de honra do Centro Galego de Bos Aires e participou en numerosos eventos das Xornadas Galegas. Estas xornadas foron a principal celebración da colectividade galega na Arxentina arredor do Día Nacional de Galicia. Xurdiron como resposta á necesidade de dotar o 25 de xullo dun contido que excedese o mero feito relixioso, e foron medrando en prestixio ata converterse nun acontecemento sen parangón entre as colectividades estranxeiras radicadas no país, tanto pola súa periodicidade como pola súa amplitude. O Centro Galego era a única institución capaz de centrar a data desenvolvendo arredor dela unha sostida actividade cultural.
Durante case dúas semanas, organizábanse unha vintena de conferencias, sesións e actos no local social e nas máis altas tribunas arxentinas, xunto cos tradicionais concursos literarios e musicais, unha audición radial por LR 1 Radio El Mundo, a misa no Panteón Social en memoria dos consocios desaparecidos, o homenaxe floral a Rosalía de Castro e a ofrenda ao monumento ao Xeneral San Martín. A velada de gala no Teatro Colón, coa execución do Himno Galego e actuacións de ballet, ópera e do conxunto Airiños dirixido por Celia Caneda, constituía o momento culminante das festividades.
A edición de 1959 desenvolveuse entre o 17 e o 31 de xullo. Otero continuou durante o mes de agosto na Arxentina, participando noutros actos culturais dos que aquí tamén presentamos gravacións.

O verbo engaiolador de don Ramón
Ramón Otero Pedrayo foi o invitado de honra das Xornadas Galegas de 1959, na súa segunda visita ao Centro Galego de Bos Aires. Acompañado da súa dona, permaneceu case dous meses na Arxentina desenvolvendo unha intensa actividade de conferenciante nas institucións galegas pero tamén en entidades arxentinas. As conferencias e alocucións aquí presentadas súmanse a outras xa editadas polo CCG das mesmas xornadas. Son un privilexiado observatorio sonoro cara a cultura e a diáspora galega de finais dos anos 50.
Un percorrido fascinante polas rúas de Compostela e pola súa historia. Deberíase escoitar mentres se pasea pola cidade. Mellor se chove.
0:00 / 0:00
Otero Pedrayo aproveita a súa presenza no Centro Ourensán para ofrecer unha espléndida e sentida charla sobre a cidade das Burgas. Nela percorre as súas rúas dende o século XIX e enfeita a conferencia con divertidas anécdotas da súa vida.
0:00 / 0:00
ROP participa na homenaxe que se lle tributa ao músico José Pazos no Centro Lucense de Bos Aires, organizada pola Cátedra de Cultura Galega. Louba a súa figura e pecha cunha emocionante e patriótica intervención.
0:00 / 0:00
Ramón Otero Pedrayo participa na inauguración do curso de AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas) cunha charla onde describe o espíritu galego coa súa ampla erudición. Incide moito en aspectos da historia da arte, sobre todo das épocas románica e barroca.
0:00 / 0:00
Ramón Otero Pedrayo, Invitado de Honor ás Xornadas Patrióticas Galegas de 1959, agradece as verbas que lle foron adicadas na presentación do acto e exalta a lingua e a paisaxe galegas como sinais identitarios do noso pobo.
0:00 / 0:00
Percorrido pola historia da Universidade de Santiago de Compostela dende 1495. Sabios ilustres e espazos históricos e artísticos enchen esta excelente conferencia. Unha vez finalizadas as Xornadas Patrióticas Galegas, ROP continúa a participar en numerosos actos en distintas institucións boaerenses, coma nesta ocasión, ata o seu regreso a Galicia o 26 de agosto de 1959.
0:00 / 0:00
Gravacións editadas
Algunha das gravacións destas Xornadas de 1959 foron editadas xa polo CCG, como a conferencia de Eduardo Blanco Amor "Os poemas galegos de Federico García Lorca" ou esta "Galicia y Europa", que Otereo Pedrayo pronunciou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires o 22 de xullo de 1959 e que o CCG editou en formato audiolibro.