Esta entrega da colección As Nosas Voces que editou o Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega permite escoitar unha conferencia pronunciada por Don Ramón Otero Pedrayo na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires, o 26 de xullo de 1959. Nesta conferencia, o intelectual ourensán reflexiona sobre as relacións entre Galicia e a cultura europea, e é unha boa mostra do pensamento de amplas miras de Pedrayo.
| Título | Galicia e Europa Ramón Otero Pedrayo |
| Autoría |
Ramón Otero Pedrayo |
| Limiar |
Afonso Vázquez-Monxardín |
| Presentación |
Ramón Villares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, 2007 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 1 disco (CD-DA) (8 temas : 60,17 min.) ; 12 cm. + 1 libro. |
| Notas | Contén : Pista 1 / José Luis Romero. -- Pista 2 ; Pista 3 ; Pista 4 ; Pista 5 ; Pista 6 ; Pista 7 ; Pista 8 / Ramón Otero Pedrayo |
| ISBN | 978-84-96530-50-8 |
| Depósito Legal | VG 1385-2007 |
| CCG. Signatura | ASG-CD-L-0143 |
| Url externa | vídeo en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | As nosas voces; Núm:21 |
| Materias | |
| Áreas |



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








