Os congresos
Entre 2016 e 2018 o Consello da Cultura Galega celebrou tres congresos internacionais co obxectivo de situar o movemento das Irmandades da Fala no seu contexto internacional. Nesta ligazón podes acceder a todas as conferencias impartidas.
Os obxectos: A bandeira das Irmandades
Na exposición Galicia 100 amosamos a única bandeira conservada das Irmandades. Está datada en 1918 e consérvase no Museo das Mariñas de Betanzos.
Figuras máis destacadas
O Álbum de Galicia acolle un conxunto de biografías dalgúns dos membros máis destacados das Irmandades da Fala.
As publicacións
Dúas publicacións pechan este ciclo de difusión, investigación e reflexión ao redor do papel das Irmandades da Fala na Galicia de principios do século XX.
Por unha banda, As Irmandades da Fala no seu tempo : perspectivas cruzadas, editada polo CCG, explica e contextualiza as Irmandades desde unha perspectiva que nunca se abordara: a comparada. A publicación está en libre descarga.
E pola outra, presentamos o volume en inglés The First World War and the Nationality Question in Europe Global Impact and Local Dynamics, editado pola prestixiosa editorial Brill, e que permite trasladar este coñecemento ao público internacional.