Recóllense neste volume boa parte dos contributos aos tres congresos que, co gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala no 1916, foron realizados polo Consello da Cultura Galega os días 6 e 7 de outubro de 2016, 18 e 19 de outubro de 2017 e 4 e 5 de outubro de 2018. En cada un deles abordáronse tres cuestións específicas. En primeiro lugar, o contexto europeo e global no que xurdiron as Irmandades. A seguir, o seu contexto peninsular. En fin, a temperá interacción do novo galeguismo político coa diáspora americana e portuguesa.
No primeiro congreso (2016) abordouse o contexto internacional que condicionou o xurdimento do nacionalismo galego, marcado pola eclosión da cuestión das nacionalidades durante a Gran Guerra, a irrupción do principio de autodeterminación nacional na política internacional da man dos bolxeviques e do presidente dos EUA Woodrow Wilsone fitos singulares como a rebelión irlandesa de 1916.
O segundo congreso (2017)pasou revista ao contexto peninsular, tanto español como portugués, no que nace o nacionalismo galego. Ofrécense aquí varios dos textos presentados, que abranguen dende as relacións entre as Irmandades e a estratexia de proxección española do catalanismo político, ata o paralelo desenvolvemento do nacionalismo vasco, ou as reaccións da escritora Emilia Pardo Bazán.
O terceiro congreso (2018)esculcou nas dimensións transatlánticas do novo galeguismo. Abordáronse dende o seu encadramento dentro dos patróns relacionais dos nacionalismos europeos coas súas diásporas, ata o influxo dos retornados no desenvolvemento dos movementos sociais na Galicia do tempo, pasando polo papel da lingua galega nas colectividades de emigrantes, e os ecos das Irmandades en Cuba, no Río da Prata e Portugal.
Bríndase aquí, dese xeito, unha perspectiva calidoscópica sobre o tempo das Irmandades, con liñas que converxen nunha focaxe compartida que fai dialogar a experiencia galega con Europa e con América, como decote propoñían os membros do Grupo Nós e das Irmandades.

[Data da nota de prensa: xullo 2024]
| Título | Irmandades da Fala no seu tempo, As : perspectivas cruzadas |
| Edición |
Ramón Villares Xosé M. Núñez Seixas Ramón Máiz Suárez |
| Autoría |
Xusto G. Beramendi Isabel Burdiel Pilar Cagiao José Luis de la Granja Alfonso Iglesias Amorín Emilio Xosé Insua López Johannes Kabatek Joep Leerssen Henrique Monteagudo Xosé M. Núñez Seixas Carlos Pazos Justo Borja de Riquer Permanyer Raúl Soutelo Ramón Villares |
| Introdución |
Ramón Máiz Suárez Xosé M. Núñez Seixas Ramón Villares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021 |
| Edición | 1ª Edición |
| Descrición física | 524 p.: il.; 24 cm |
| Notas | Imaxe da cuberta: Membros da Irmandade da Fala de Betanzos indo cara ao concello, 1918. O portador da bandeira é o mestre e erudito Francisco Vales Villamarín. (Da publicación Xogos Froraes de Betanzos 1918, Betanzos, Imprenta de Manuel Villuendas, 1918. Cortesía do Arquivo Municipal de Betanzos) |
| ISBN | 978-84-17802-28-8 |
| Depósito Legal | C 345-2021 |
| DOI | 10.17075/iftpc.2021 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Código QR |
|
-
INTRODUCIÓN
-
Notas para un centenario
Ramón Máiz Suárez
Xosé M. Núñez Seixas
Ramón Villares
-
Notas para un centenario
-
SECCIÓN I: AS IRMANDADES DA FALA NO CONTEXTO EUROPEO
-
Mobilidade cultural e mobilización política: dinámicas transnacionais, acción nacional
Joep Leerssen
10.17075/iftpc.2021.001 -
Agardando por Wilson: a Primeira Guerra Mundial e os movementos nacionalistas da Europa occidental
Xosé M. Núñez Seixas
10.17075/iftpc.2021.002 -
Ecos europeos na formación do nacionalismo galego. As Irmandades da Fala (1916-1923)
Ramón Villares
10.17075/iftpc.2021.003 -
Irmandades da Fala e cultura política
Xusto G. Beramendi
10.17075/iftpc.2021.004 -
As Irmandades da Fala e as linguas minoritarias en Europa durante a Primeira Guerra Mundial
Johannes Kabatek
10.17075/iftpc.2021.005 -
O baleiro da identidade: suxeito, tempo e nación en Robert Musil
Ramón Máiz Suárez
10.17075/iftpc.2021.006
-
Mobilidade cultural e mobilización política: dinámicas transnacionais, acción nacional
-
SECCIÓN II: O CONTEXTO ESPAÑOL DAS IRMANDADES DA FALA
-
De mi tierra (de Emilia Pardo Bazán) y sus fantasmas
Isabel Burdiel
10.17075/iftpc.2021.007 -
El proyecto de una España grande y regional de Francesc Cambó
Borja de Riquer Permanyer
10.17075/iftpc.2021.008 -
El nacionalismo vasco en el tiempo de las Irmandades da Fala: moderados, radicales y heterodoxos (1916-1923)
José Luis de la Granja
10.17075/iftpc.2021.009
-
De mi tierra (de Emilia Pardo Bazán) y sus fantasmas
-
SECCIÓN III: AS IRMANDADES DA FALA E A DIÁSPORA
-
De nacionalismos e diásporas: o eco das Irmandades da Fala entre os galegos da Arxentina (1916-1931)
Xosé M. Núñez Seixas
10.17075/iftpc.2021.010 -
Lingua galega e emigración americana (1916-1936)
Henrique Monteagudo
10.17075/iftpc.2021.011 -
Os ecos das Irmandades da Fala en Cuba (1900-1925)
Alfonso Iglesias Amorín
10.17075/iftpc.2021.012 -
A pegada de Cuba nas Irmandades da Fala
Emilio Xosé Insua López
10.17075/iftpc.2021.013 -
O galeguismo no Uruguai (1879-1935)
Pilar Cagiao
10.17075/iftpc.2021.014 -
Os lisboanos e o galeguismo nas primeiras décadas do século XX
Carlos Pazos Justo
10.17075/iftpc.2021.015 -
Emigración de retorno, liderado político e modernización económica na Galicia anterior á Guerra Civil
Raúl Soutelo
10.17075/iftpc.2021.016
-
De nacionalismos e diásporas: o eco das Irmandades da Fala entre os galegos da Arxentina (1916-1931)
Xosé Manuel Núñez Seixas e Ramón Villares, editores, presentan a publicación As irmandades da fala no seu tempo: perspectivas cruzadas .
Gabinete de comunicación
O CCG lamenta o pasamento de Justo G. Beramendi, historiador do galeguismo político [Data da nota: 3/7/2024].

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)