3ª sesión das xornadas Arte + Espazo Público
Arte + espazo público: Planificar a cidade
Relatorio: Urbanalización: Paisaxes in vitro, paisaxes en folga
FRANCESC MUÑOZ
PROFESOR DE XEOGRAFÍA
URBANA NA UNIVERSIDADE
AUTÓNOMA DE BARCELONA
E DIRECTOR DO OBSERVATORIO
DA URBANIZACIÓN
4ª sesión das xornadas Arte + Espazo Público
Arte + espazo público: Activar a cidade
Currículum de Nelson Brissac: Activar a cidade
NELSON BRISSAC
FILÓSOFO E ORGANIZADOR
DO PROXECTO ARTE/CIDADE
(SÃO PAULO)
Nelson Brissac é organizador e comisario do proxecto Arte/Cidade, sobre o cal falará na conferencia. Trátase dunha actividade que se realiza en São Paulo, Brasil, desde 1994, co obxectivo de intervir artísticamente na cidade. Ata o momento tivo catro edicións: a primeira presentouse nun matadoiro desactivado, na zona sur da cidade; a segunda, no centro, en tres edificios e a área que os rodea, atravesada por un viaduto; a teceira, ao longo dun ramal ferroviario, na zona oeste, e a última nunha antiga zona industrial que ocupa aproximadamente 10 quilómetros cadrados no este da cidade.
Nelson Brissac
Nelson Brissac é filósofo, traballando en cuestións relativas á arte e ao urbanismo. É organizador e comisario de Arte/Cidade, un proxecto de invervencións urbanas en São Paulo, desde 1994. É autor das seguintes publicacións: A sedução da barbárie, Brasiliense, 1982; Cenários em ruínas, Brasiliense, 1987. América, Companhia das Letras, 1989; Paisagens Urbanas, Ed. Senac, 1996; Brasmitte, catálogo, 1997;Arte/Cidade – Intervenções Urbanas, Ed. Senac, 2002 e Paisagens Críticas – Robert Smithson: arte, ciência e indústria, Ed. Senac / Educ, no prelo . Dedícase tamén a investigar sobre as dinámicas territoriais na rexión sudeste do Brasil e as relacións entre arte e industria.
5ª sesión das xornadas Arte + Espazo Público
Arte + espazo público: Sinalizar a cidade
Currículum de Rogelio López Cuenca: Sinalizar a cidade
ROGELIO LÓPEZ CUENCA
ARTISTA VISUAL
Ante as transformacións formais e funcionais que nas últimas décadas veñen sufrindo as cidades —radicalización do modelo de división de zonas de usos específicos, raquitización dos espazos de uso público, terceirización das actividades económicas urbanas, crecente asimilación dos cascos históricos ao modelo do “shopping mall”— é necesario repensar o papel das prácticas artísticas no seu interior.
Na súa intervención Rogelio López Cuenca analizará a evolución do rol desempeñado pola arte pública —desde o monumento tradicional ás espectaculares arquitectoras “de autor” ou os eventos e intervencións artísticas temporais— en medio da constrición da experiencia urbana ao tránsito e o consumo, e o seu sometimento á lóxica da publicidade comercial.
Deterase tamén no caso da cidade de Málaga e no modo no que aborda o seu proxecto de incorporación ao mercado global do turismo culturall, dentro do cal xoga un papel central a sinalización dos novos fitos urbanos arredor dos cales pretende construír a súa nova imaxe, máis que pública, publicitaria -nomeadamente a da idea da arte e máis concretamente a figura de Piscasso.
Finalmente amosará algúns proxectos recentes que desde as prácticas artísticas abordan a sinalización e visibilización das xeografías e as historias outras silenciadas, suprimidas polas esixencias de simplificación extrema que o mercado turístico require da imaxe oficial da cidade.