Conferencia Foro A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, lingua e cultura
Daniel Innerarity
Quen somos nós? A identidade colectiva na globalización
Mércores, 12 de febreiro de 2020 ás 18:00 horas
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e Justo Beramendi González, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego
18:15 horas
Quen somos nós? A identidade colectiva na globalización
Daniel Innerarity
Presenta Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega
DANIEL INNERARITY
É catedrático de Filosofía Política, investigador "Ikerbasque" na Universidade do País Vasco, director do seu Instituto de Gobernanza Democrática e profesor do Instituto Europeo de Florencia. Foi profesor convidado en diversas universidades europeas e americanas, como a Universidade da Sorbona (París I), a London School of Economics and Political Science e a Universidade de Georgetown. Doutor en Filosofía, ampliou os seus estudos en Alemaña (como bolseiro da Fundación Alexander von Humboldt), Suíza e Italia. Entre os seus últimos libros cómpre salientar La política en tiempos de indignación, La democracia en Europa, Política para perplejos e Una teoría de la democracia compleja. Polos seus libros recibiu o Premio da Sociedad Alpina de Filosofía ao mellor libro de filosofía en lingua francesa, o Premio de Ensayo Miguel de Unamuno, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de ensaio, o Premio Espasa de Ensayo e o Premio Euskadi de Ensayo. A maior parte dos seus libros foron traducidos en Francia, Inglaterra, Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Italia, Finlandia e Canadá.
Polo conxunto da súa obra recibiu o Premio de Humanidades, Cultura, Artes y Ciencias Sociales de Eusko Ikaskuntza-Caja Laboral, o Premio Príncipe de Viana de la Cultura e o Premio Internacional Eulalio Ferrer.
É colaborador habitual de opinión en El País, El Correo / Diario Vasco e La Vanguardia.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.