Presentación - Presentación da publicación <i>Foro Patrimonio e Sociedade. Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro</i>. Venres, 23 de xullo de 2021 ás 10:30 horas

Presentación da publicación Foro Patrimonio e Sociedade. Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro

Presentación

Presentación da publicación Foro Patrimonio e Sociedade. Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro

Venres, 23 de xullo de 2021 ás 10:30 horas
Santiago de Compostela
Presentación

Presentación da publicación Foro Patrimonio e Sociedade. Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro

Venres, 23 de xullo de 2021 ás 10:30 horas Santiago de Compostela
O venres, día 23 de xullo, ás 10:30 horas terá lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega a presentación da publicación Foro Patrimonio e Sociedade. Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro.

Esta guía práctica é o resultado do fondo e minucioso traballo desenvolvido entre os meses de decembro de 2019 e abril de 2021 polo Foro “Patrimonio e Sociedade”, unha actividade promovida pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG. Trátase dunha acción encamiñada á reflexión e desenvolvemento dunhas liñas estratéxicas arredor da xestión integral do patrimonio cultural na comunidade galega. A través deste foro pretendeuse identificar cales son os intereses que Galicia ten no patrimonio cultural, que simboliza para a comunidade ese patrimonio e, sobre todo, como se pode mellorar a súa xestión.
Ficha técnica 
Presentación
Presentación da publicación Foro Patrimonio e Sociedade. Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro
Cando
Venres, 23 de xullo de 2021 ás 10:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)