Ciclo - María Antonia Dans . 26 de outubro de 2022

María Antonia Dans

Revisando a nosa arte Ciclo

María Antonia Dans

26 de outubro de 2022
Santiago de Compostela
Ciclo
Revisando a nosa arte

María Antonia Dans

26 de outubro de 2022 Santiago de Compostela
“Si no fuera mujer, mis cuadros se pagarían el doble”
Mª Antonia Dans

Neste ano 2022, cando se cumpre o centésimo aniversario do nacemento de Mª Antonia Dans (Oza dos Ríos, A Coruña, 1922 - Madrid, 1988), reivindicar unha creadora plástica de gran relevancia como foi ela é sen dúbida unha obrigación. Estudar, investigar e analizar con outras miradas a Mª Antonia Dans abre un espazo aínda moi necesario para profundar non só no coñecemento da súa personalidade e a súa obra, senón tamén no estudo e investigación ao redor do papel que as mulleres cumpriron na arte e na historia da arte, tanto dentro como fóra de Galicia.

Mª Antonia Dans foi unha artista de éxito e recoñecemento, pero sobre todo foi unha muller comprometida coa súa condición feminina nuns tempos en que esa actitude supoñía unha toma de conciencia e unha loita non sempre fácil por ser ela mesma. Foi unha muller adiantada ao momento histórico que lle tocou vivir, consciente da dificultade que supoñía para unha artista asumir o reto da independencia e a modernidade nos anos anteriores á democracia en España.

Galicia, a cor e a idiosincrasia do campo galego están sempre presentes na súa obra. Paisaxes, pequenas escenas festivas ou portuarias… pero sobre todo as mulleres. Mulleres que pasan o ferro, campesiñas, vendedoras, rosquilleiras… constitúen a espiña dorsal das súas obras. Unha temática simple que transcribe cunha linguaxe formal primitiva, cun intenso cromatismo en que abundan os tons puros, nos que deposita toda a forza argumental e que confiren aos seus cadros un aspecto plano, sen apenas perspectiva.
Ficha técnica 
Ciclo
Revisando a nosa arte
María Antonia Dans
Cando
26 de outubro de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Rosario Sarmiento Escalona
Participante
Lois Alcayde Dans
Lois Caeiro
Javier Cainzos
Carmen Pena
Rosario Sarmiento Escalona
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)