Conferencia
O papel dos museus de migração além da preservação do patrimônio histórico. O memorial do Imigrante
O papel dos museus de migração além da preservação do patrimônio histórico. O memorial do Imigrante
31 de outubro de 2007
Santiago de Compostela
Ana Maria da Costa Leitão Vieira defendeu a importancia do Memorial do Imigrante e a súa función sociocultural, partindo da “innegable riqueza cultural das migracións internacionais”.
Ramón Villares salientou a relevancia da cooperación coa institución brasileira, que uns meses atrás acollera a exposición O sorriso de Daniel e que garda a memoria de tres millóns de emigrantes chegados a Brasil dende 1820: “Unha institución única no seu xénero en Brasil, ademais de ser o terceiro [museo] máis visitado do Estado de São Paulo”.
A súa directora chamou a atención sobre a necesidade de o converter cada vez máis nun lugar de encontro e diálogo e tamén de acción política, tendo en conta que “o pasado como protagonista do futuro actúa tamén como forza transformadora”. Trazou tamén os eixes vertebradores da acción do museo, que pasan por convertelo nun centro de estudos con importante actividade académica, integralo no escenario internacional e ampliar as súas actividades ao estudo das migracións contemporáneas.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal