Os límites planetarios: Unha ollada socioeconómica dende Galicia

Foro Pensar o mundo dende Galicia

Os límites planetarios: Unha ollada socioeconómica dende Galicia

Os límites planetarios

21 de setembro de 2023
Santiago de Compostela
Ciclo
Foro Pensar o mundo dende Galicia

Os límites planetarios: Unha ollada socioeconómica dende Galicia

Os límites planetarios

21 de setembro de 2023 Santiago de Compostela
Dende 1983 ata hoxe o Consello da Cultura Galega leva corenta anos promovendo o debate, a pescuda e a creación arredor de diversos eidos do saber, mais tamén sobre cuestións que atinxen aos problemas e inquedanzas da sociedade galega. Recollendo o legado do feito na súa historia, mais con proxección cara ao futuro, o Consello da Cultura Galega propón un foro de reflexión arredor de cuestións candentes no mundo actual, estruturado en oito xornadas -de marzo a novembro de 2023- nas que se abordarán temáticas moi presentes nas actividades da institución, como a posverdade na información, a economía da cultura, o humanismo e as novas tecnoloxías, a calidade da democracia, os retos do feminismo, o papel do galego nunha sociedade multicultural, a sustentabilidade da economía global e o papel do patrimonio e da paisaxe. Máis de corenta personalidades do mundo cultural, científico e académico galego, ibérico e mundial daranse cita en Santiago para reflexionar, debater e profundar na interpretación dos desafíos desta terceira década do século XXI, con vontade interdisciplinaria e dialogante. Dende Galicia, recollendo a tradición iniciada hai máis dun século pola Xeración Nós e polo Seminario de Estudos Galegos, aspiramos a repensar o mundo e a sermos unha célula de universalidade.

Os límites planetarios: unha ollada socioeconómica dende Galicia
O Centro de Resiliencia de Estocolmo desenvolveu no ano 2009 o concepto de ‘límites planetarios’ e identificou nove procesos claves para a estabilidade e habitabilidade da Terra, así como os límites que non poderían superarse. Os nove procesos identificados fan referencia a: Crise climática; Acidificación dos océanos; Buraco de ozono; Ciclo do nitróxeno e o fósforo; Uso da auga; Deforestación e outros cambios no uso do chan; Perda de biodiversidade; Contaminación de partículas na atmosfera; Contaminación química.
Dende entón, xerouse infinidade de traballo que trata de cuantificar e entender o estado deses límites. Polo de agora, as novas non son especialmente boas, pois cinco destes nove límites xa foron superados: a crise climática, a perda de biodiversidade, a alta contaminación, a deforestación e outros cambios no uso do chan, e o empeoramento do ciclo do nitróxeno e o fósforo.
Na primeira parte desta xornada analizaremos o impacto do cambio global na agricultura e nas posibles crises de alimentos, así como na biodiversidade e nos ecosistemas a escala global. Na sesión da tarde, profundaremos nalgúns dos cambios fundamentais sufridos polos ecosistemas galegos, que condicionan a calidade ambiental de Galicia e xeran múltiples consecuencias tanto para a sociedade como para a economía e a saúde da poboación. Falaremos tamén sobre algúns cambios sociais requiridos e sobre a necesidade de determinadas políticas de adaptación e mitigación.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Ciclo.
Foro Pensar o mundo dende Galicia
Os límites planetarios: Unha ollada socioeconómica dende Galicia
Os límites planetarios
Cando
21 de setembro de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
María Loureiro
Organiza
Consello da Cultura Galega