Que é «si»? Sobre o acoso sexual

Formas de violencia de xénero

Que é «si»? Sobre o acoso sexual

28 de novembro de 2023
Santiago de Compostela
Xornada
Formas de violencia de xénero

Que é «si»? Sobre o acoso sexual

28 de novembro de 2023 Santiago de Compostela
O Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega organiza, desde 2017, unha xornada anual arredor da cuestión da violencia machista e as súas diferentes manifestacións. Baixo a epígrafe xeral «Formas de violencia de xénero», ao longo destes anos fóronse debullando aspectos fulcrais para poder recoñecer a violencia que sofren as mulleres por ser mulleres e actuar para a súa erradicación.

Desde as primeiras xornadas, centradas na ciberviolencia, transitamos por temas tan importantes como o patriarcado na xustiza, a violencia sexual ou a violencia institucional. Nesta edición de 2023 propoñemos unha reflexión sobre o «acoso sexual», unha realidade presente en todos os ámbitos da vida das mulleres desde a súa infancia. Poder ver e recoñecer o acoso sexual é necesario para a súa denuncia posterior. Do mesmo xeito, afondar na noción de consentimento e as súas implicacións lexislativas implica un cambio de paradigma epistémico e de abordaxe global da mesma noción de violencia.

Na sesión da tarde, o CDIF, en colaboración coa Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, propón abordar de xeito monográfico o acoso sexual no mundo da escena. Este enfoque pretende ser un instrumento óptico para observar diferentes situacións e vivencias denunciadas e que requiren ser entendidas no marco global de todos os espazos da vida. Desde a reflexión e a experiencia compartida, desexamos contribuír a construír un mundo sen violencias machistas. O acoso sexual e todas as súas formas de manifestarse é un dos mecanismos máis fortes do patriarcado para impedir ese mundo libre.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (50 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Formas de violencia de xénero
Que é «si»? Sobre o acoso sexual
Cando
28 de novembro de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)

Imaxe da portada: Imaxe da portada: Campaña En negro contra as violencias