Microbios: compañeiros invisibles

Coloquio.

Microbios: compañeiros invisibles

Venres, 3 de novembro de 2023, ás 20:00h.
Viveiro
Coloquio

Microbios: compañeiros invisibles

Venres, 3 de novembro de 2023, ás 20:00h. Viveiro
Dentro do marco de colaboracións do presente ano entre o Consello da Cultura Galega e o CSIC-Galicia, o día 3 de novembro ás 20 horas terá lugar na Casa do Concello de Viveiro unha mesa de reflexión sobre Microbios: compañeiros invisibles.

Sinxelos e complexos, beneficiosos e prexudiciais, parecidos pero diferentes. Os microorganismos, invisíbeis ao ollo humano, son os responsables do inicio da vida na Terra pero ademais, xogan un papel relevante nas nosas vidas. Vivimos rodeados de bacterias, virus, fungos e gran diversidade de organismos microscópicos que son fundamentais en moitos dos procesos que regulan o Planeta. Algunhas especies conviven con nós en harmonía incluso desde o noso nacemento. Hainas que provocaron epidemias e pandemias que cambiaron a historia do mundo. Grazas aos microorganismos porén, temos antibióticos que salvan vidas e alimentos e bebidas tan diversos como o pan, o iogur ou a cervexa.

Nesta conversa, moderada por Luísa Martínez (Unidade de Cultura Científica do CSIC), Marta López (microbióloga do Instituto de Investigacions Mariñas, IIM CSIC) e Jesús Romalde (Catedrático de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela), membros da Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (RISEGAL), reflexionarán co público sobre as evidencias científicas que demostran o papel clave dos microorganismos no pasado, e nun presente e futuro marcado pola emerxencia climática.
ASISTENCIA
Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
LUGAR
Casa do Concello de Viveiro
Sala Multiúsos, planta baixa
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Coloquio.
Microbios: compañeiros invisibles
Cando
Venres, 3 de novembro de 2023, ás 20:00h.
Onde
Viveiro
Enderezo

Casa do Concello de Viveiro
Sala Multiúsos, planta baixa

Organiza
Consello da Cultura Galega
CSIC