Ciclo - Dramaturxias itinerantes. Porto, 21 de novembro e Vigo, 22 de novembro de 2023

Dramaturxias itinerantes

Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes Ciclo

Dramaturxias itinerantes

Dramaturgias itinerantes

Porto, 21 de novembro e Vigo, 22 de novembro de 2023
Porto e Vigo
Ciclo
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes

Dramaturxias itinerantes

Dramaturgias itinerantes

Porto, 21 de novembro e Vigo, 22 de novembro de 2023 Porto e Vigo
A piques de rematar o ano e por segunda vez neste 2023, presentamos o programa “Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes”, que naceu da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Camões-Centro Cultural Português en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, coa incorporación en 2021 da ESMAE do Porto, que se consolida xa como un parceiro máis nesta súa terceira colaboración.
“Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes” ten como obxectivo o encontro entre creadoras escénicas de Galicia e Portugal, para promover un maior coñecemento da escrita teatral feminina contemporánea dos dous lados da raia. O proxecto pretende dar voz á dramaturxia de autoría feminina, coa vontade de situala en primeira liña e de poñer en valor toda a súa forza anovadora. Apóiase e conta para a creación e produción das súas lecturas dramatizadas coas novas xeracións de profesionais das artes escénicas que se están a formar nas nosas escolas, nas cidades do Porto e de Vigo.

Nesta sexta e outonal edición do ciclo, propoñemos o encontro escénico de Paula Carballeira, consolidada e premiada dramaturga e narradora oral galega, e de Sofia Santos Silva, unha nova e poderosa creadora escénica portuguesa. Son dúas mulleres que representan diferentes xeracións, as dúas cunha notable habilidade creativa para abordar en profundidade e dun xeito diferente temas como o abandono, no caso de Paula, e a irmandade, no caso de Sofia. Trátase doutra parella de creadoras que imos engadir á nosa xa importante lista de mulleres dramaturgas galegas e portuguesas, constituída por Patrícia Portela e AveLina Pérez, Ana Carreira e Joana Craveiro, Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu, Rita Pinheiro e Laura Porto e, na anterior edición de 2023, Esther Carrodeguas e Cecília Ferreira. Os textos destas dramaturgas poden atoparse na páxina web do Consello da Cultura Galega (www.consellodacultura.gal).

Como xa aconteceu na edición anterior, Vanesa Sotelo, dramaturga e profesora da especialidade de Dramaturxia na ESAD de Galicia, volverá exercer de mestra de cerimonias, conducindo a conversa entre as dúas autoras co obxectivo de que coñezamos en profundidade a súa traxectoria artística e proxectos.
Ficha técnica 
Ciclo
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes
Dramaturxias itinerantes
Dramaturgias itinerantes
Cando
Porto, 21 de novembro e Vigo, 22 de novembro de 2023
Onde
Porto e Vigo
Lugar

21 de novembro de 2023
18:00 horas
Teatro Helena Sá e Costa (THSC)
Rua da Escola Normal, 39
4000-099 Porto
http://thsc.pt/

22 de novembro de 2023
17:30 horas
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Rúa da Poza Cabalo, 1
36212 Vigo
https://esadgalicia.com/

Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo (Porto)
Colabora
Camões-Centro Cultural Português en Vigo
Xunta de Galicia