Mesa redonda - Fernández del Riego: de Lourenzá a América. 1 de decembro de 2023, ás 19 horas

Fernández del Riego: de Lourenzá a América

Mesa redonda

Fernández del Riego: de Lourenzá a América

1 de decembro de 2023, ás 19 horas
Lourenzá
Mesa redonda

Fernández del Riego: de Lourenzá a América

1 de decembro de 2023, ás 19 horas Lourenzá
Francisco Fernández del Riego, natural dunha bisbarra con alta emigración a América que xa dera fillas ilustres ás letras uruguaias como Juana de Ibarbourou, foi un colaborador frecuente na prensa galega e galeguista da emigración e do exilio dende a súa mocidade, e de maneira particular nos anos da posguerra, adoito co pseudónimo Salvador de Lorenzana. Nas súas crónicas informaba aos ausentes da evolución cultural, social e económica de Galicia; e como representante do galeguismo do interior mantivo un elo estreito cos galeguistas do exilio. Nesta mesa abórdase a polifacética relación de Lourenzá e Fernández del Riego coas colectividades galegas emigradas.


Imaxe da portada: Fotografía da festa de benvida que algúns persoeiros da colectividade galega deron a Francisco Fernández del Riego na súa primeira viaxe a Bos Aires en 1954. Nela figuran, entre outros, Manuel Puente e a súa dona, anfitrións da celebración; Virxinia Pereira, viúva de Alfonso Castelao; Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos xunto coas súas donas; Maruxa Seoane; Francisco Fernández del Riego e a súa dona, Evelina Hervella.
Fondo documental de Xosé Bieito Abraira. Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega.




Ficha técnica 
Mesa redonda
Fernández del Riego: de Lourenzá a América
Cando
1 de decembro de 2023, ás 19 horas
Onde
Lourenzá
Lugar

Salón de actos do Concello de Lourenzá
Praza do Conde Santo, s/n
27760 Lourenzá (Lugo)

Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Concello de Lourenzá