Difusión - Fondo documental Miguel Gutiérrez. Luns, 4 de decembro de 2023

Fondo documental Miguel Gutiérrez

Difusión.

Fondo documental Miguel Gutiérrez

Propaganda política na Transición

Luns, 4 de decembro de 2023
consellodacultura.gal
Difusión

Fondo documental Miguel Gutiérrez

Propaganda política na Transición

consellodacultura.gal

Fondo documental Miguel Gutiérrez


O 4 de decembro de 1977 tivo lugar en Vigo unha das maiores concentracións políticas daqueles anos. Foi un chamamento á mobilización contra o modelo autonómico proposto pola UCD cunha fonda repercusión. O cartel daquela mobilización é un dos materiais recollidos no Fondo Miguel Gutiérrez e que xa se poden consultar na rede. O Consello da Cultura Galega (CCG) acaba de dispoñibilizar unha parte do fondo galego que está a ser catalogado polo Grupo de Investigación HISPONA da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O Fondo Miguel Gutiérrez recolle propaganda e publicidade política datada entre o final do franquismo e a década dos 2000. O fondo inclúe panfletos, pósteres, carteis, adhesivos, pasquíns, chapas, publicacións, fanzines, vinilos, chaveiros e mercadotecnia variada relacionados coa política nacional e tamén internacional.

Este fondo foino escolmando Miguel Gutiérrez desde os trece anos e consta de milleiros de documentos. Agora o Consello da Cultura Galega e o grupo HISPONA presentan unha parte do fondo galego. Esta acción permite coñecer máis sobre un período que estivo cargado de arriscados proxectos e de incerteza. Algúns deses documentos son carteis, e nesta primeira selección pódense ver pósteres como os do Primeiro de Maio cos seus diferentes lemas; outro da campaña en contra da integración de España na OTAN; un cartel clandestino (1976) co retrato do vigués Xosé Humberto Baena, fusilado con 24 anos en 1975; outro dos homenaxeados ao fusilados en setembro de 1975, etc.

A posta na rede desde material anunciouse en febreiro deste mesmo ano, cando o CCG dedicou un dos seus Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC) a coñecer máis sobre o patrimonio cultural xerado durante o período histórico da Transición e a consolidación democrática. Naquel momento, o historiador Emilio Grandío fixo unha escolma comentada de cinco documentos dese fondo para dar conta da súa significación.

A dixitalización e posta na rede dese material intégrase dentro dunha liña de traballo prioritaria do CCG para este 2023 que busca afondar na memoria da Transición galega.
 
Difusión
Fondo documental Miguel Gutiérrez
Propaganda política na Transición
Data de publicación
Luns, 4 de decembro de 2023
Onde
consellodacultura.gal
Organiza
HISPONA (USC)
HISPONA (USC)