Xornada - Os dereitos culturais. 29 de febreiro de 2024

Os dereitos culturais

Xornada

Os dereitos culturais

Un novo paradigma para a cultura que vén

29 de febreiro de 2024
Padrón
Xornada

Os dereitos culturais

Un novo paradigma para a cultura que vén

29 de febreiro de 2024 Padrón
No 2002 o profesor Florida falou das clases creativas e que sobre unha nova industria chamada cultural xerarían tal valor engadido que as economías occidentais atoparían na economía simbólica o substituto perfecto para a produción que a globalización levara para Asia.

Máis dunha década despois, este mesmo profesor pedía desculpas polas súas erradas predicións e o sector cultural, como tantos outros, ficaba marcado por unha constante precarización das condicións de traballo e vida.

En 2019 aprobouse a lei de dereitos culturais de Navarra, a pioneira no Estado español, e en 2023 a lei canaria, a última polo de agora. No camiño, Andalucía, Madrid, Aragón e outros territorios tentaron lexislar para o que pode ser o novo paradigma que defina a xestión e as políticas culturais na próxima década.

Mudar o paradigma da cultura no que levamos décadas instalados, e que deu un resultado desigual, por outro contexto que teña máis en conta á cidadanía e os seus dereitos é o obxectivo último das leis de dereitos culturais que se están xeneralizando en todo o Estado. Esta xornada pretende achegar a profesionais e outros axentes da cultura galega as claves que parece que serán necesarias para traballar en cultura nos próximos anos segundo esta lexislación emerxente.
Ficha técnica 
Xornada
Os dereitos culturais
Un novo paradigma para a cultura que vén
Cando
29 de febreiro de 2024
Onde
Padrón
Lugar

Casa Museo Rosalía de Castro
A Matanza s/n
15917, Padrón

Coordinación
Alberto García
Relator/a
Anxo Angueira
Jazmín Beirak
Diego Garulo
Ania González
Tony Murphy
Mercedes Queixas
Organiza
Comisión técnica xestión e políticas culturais
Consello da Cultura Galega
Colabora
Casa Museo Rosalía de Castro