Obradoiro - Clara Cerviño. Obradoiro de ilustración da natureza. 9 de marzo de 2024

Clara Cerviño. Obradoiro de ilustración da natureza

Obradoiro

Clara Cerviño. Obradoiro de ilustración da natureza

9 de marzo de 2024
Salcedo (Pontevedra)
Obradoiro

Clara Cerviño. Obradoiro de ilustración da natureza

9 de marzo de 2024 Salcedo (Pontevedra)
PRAZAS ESGOTADAS
Abrirase unha listaxe de agarda.
As persoas interesadas poden enviar un correo a difusion@consellodacultura.gal para cubrir posibles cancelacións.
Con motivo da conmemoración o 9 de marzo do Día do Naturalismo Galego, o Consello Superior de Investigacións Científicas e o Consello da Cultura Galega organizan un obradoiro de ilustración da natureza dirixido por Clara Cerviño nas instalacións da Misión Biolóxica de Galicia no Pazo de Salcedo (Pontevedra).

Clara Cerviño é bióloga, ilustradora científica e docente da Academia Illustraciencia. Tras licenciarse en Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e realizar dous másters en bioloxía mariña na Universitat de Barcelona, formouse en ilustración científica na Universidade de Aveiro. Desde 2013 traballa divulgando o valor e a importancia da natureza a través das súas ilustracións en proxectos de divulgación científica. Colabora con centros de investigación do CSIC, museos e universidades. É autora e coordinadora do Manual de ilustración científica de Illustraciencia, editado en 2022 por GeoPlaneta; ademais de ilustradora de varios títulos en galego para a divulgación da natureza entre o público infantil, como Os nosos bosques e Os nosos mares, editados por Miudiño ou Canto cosmos, recentemente editado por Edicións Embora.
Ficha técnica 
Obradoiro
Clara Cerviño. Obradoiro de ilustración da natureza
Cando
9 de marzo de 2024
Onde
Salcedo (Pontevedra)
Lugar

Misión Biolóxica de Galicia
Pazo de Salcedo
Carballeira, 8
Salcedo (Pontevedra)

Participante
Clara Cerviño
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello Superior de Investigacións Científicas

Imaxe: Ilustración de Clara Cerviño