Exposición - As xeracións do Montserrat. . Casa das Artes, Vigo, do 6 de marzo ao 26 de maio de 2024

As xeracións do Montserrat.

Exposición.

As xeracións do Montserrat.

Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido

Casa das Artes, Vigo, do 6 de marzo ao 26 de maio de 2024
Vigo
Exposición
As xeracións do Montserrat

As xeracións do Montserrat.

Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido

Casa das Artes, Vigo, do 6 de marzo ao 26 de maio de 2024 Vigo
Unha exposición do Consello da Cultura Galega coa colaboración do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia, na Casa das Artes de Vigo.

Un proxecto comisariado por Xesús Fraga, con deseño expositivo de Pepe Barro.
Montaxe: Expo.gal
Coordinación de produción: Emilia García López

Dúas mulleres na cuberta dun barco. Nai e filla. A rixidez das posturas, sen saber moi ben como posar ante a cámara, fálanos de que este non é o seu elemento natural. Deixan a veiga polo mar —como escribiría moitos anos antes Rosalía— ao embarcar no buque que as convertería en emigrantes galegas en Inglaterra e cuxo nome se le no bote salvavidas: Montserrat.

Esta fotografía —nai e filla, cos anos avoa e nai— forma parte dunha cartografía emocional trazada nos testemuños de centos doutras viaxes. Aquelas travesías aboian en relatos que consagraron o Montserrat, e o seu xemelgo Begoña, como seres míticos doutro tempo.

Entre 1960 e 1974 uns 250 000 galegos deixaron as súas veigas por un mundo que aínda non viran, pero no que traballarían e fundarían familias e negocios, outras veces faríano na propia terra, onde tamén levantaron casas grazas ás divisas e aforros, amobladas coas pertenzas e lembranzas da súa vida emigrante.

Esta exposición recupera, a través de fotografías, filmacións, documentos e obxectos náuticos e cotiáns, xunto con outros materiais, aquelas viaxes entre os portos galegos e británicos. É a memoria emocional de varias xeracións que cambiaron o rumbo das súas vidas e, con el, tamén o do seu país: As xeracións do Montserrat.
LUGAR
Casa das Artes
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36201 Vigo.
986 43 95 25
Ficha técnica 
Exposición
As xeracións do Montserrat
As xeracións do Montserrat.
Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido
Cando
Casa das Artes, Vigo, do 6 de marzo ao 26 de maio de 2024
Onde
Vigo
Enderezo

Casa das Artes
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36201 Vigo.
986 43 95 25

Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Ámbito
Acción exterior do Consello da Cultura Galega