Afonso X e Galicia

Exposición. Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Museu de Arte da Bahía, do 4 ao 14 de abril de 2024
Salvador de Bahía
Exposición
Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Museu de Arte da Bahía, do 4 ao 14 de abril de 2024 Salvador de Bahía
“Afonso X e Galicia” é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. Despois de itinerar por diferentes espazos nacionais e internacionais, a mostra recala no Museu de Arte da Bahía, onde inaugurará o día 4 de abril de 2024, ás 16:00 horas.

Comisariada polo Dr. Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa Maria” pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.

Nesta ocasión a proposta expositiva, que combina paneis e instrumentos expostos na Biblioteca, busca compoñer un relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia, que permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época.

No marco da exposición, que poderá visitarse até o 14 de abril de 2024, organizouse un programa de actividades, que inclúen conferencias, concertos ou presentacións. Poden consultarse os días e horas no apartado "programa".
Programa
Afonso X e Galicia
Programa en PDF
Afonso X e Galicia
Convite en PDF
Afonso X e Galicia
Cartaz en PDF
Prensa
Visita en liña
Afonso X e Galicia.
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 12/1/2021
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición.
Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia
Cando
Museu de Arte da Bahía, do 4 ao 14 de abril de 2024
Onde
Salvador de Bahía