PAF III: Pavilhão de Aulas Glauber Rocha, Universidade Federal Bahía, do 16 ao 30 de abril de 2024Salvador de Bahía
“Afonso X e Galicia” é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. Despois de itinerar por diferentes espazos nacionais e internacionais, a mostra recala no PAF III: Pavilhão de Aulas Glauber Rocha, Universidade Federal Bahía, onde inaugurará o día 16 de abril de 2024.
Comisariada polo Dr. Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa Maria” pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.
Nesta ocasión a proposta expositiva, que combina paneis e instrumentos expostos na Biblioteca, busca compoñer un relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia, que permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época.