Especial - Roupar y Lousada. Sociedad de Recreo y Beneficencia. Xoves, 4 de abril de 2024

Roupar y Lousada. Sociedad de Recreo y Beneficencia

Memoria documental das sociedades da emigración galega

Roupar y Lousada. Sociedad de Recreo y Beneficencia

A Habana. 1957 – ata a actualidade

Xoves, 4 de abril de 2024
consellodacultura.gal
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega

Roupar y Lousada. Sociedad de Recreo y Beneficencia

A Habana. 1957 – ata a actualidade

consellodacultura.gal
Creada o 29 de maio de 1957 froito da fusión das sociedades «Hijos de Roupar» (A Habana, 1913) e «Progreso de Lousada» (A Habana, 1916), integradas ambas as dúas por emigrantes naturais de dúas parroquias do concello de Xermade residentes na illa de Cuba. Pola escaseza de socios, debido tanto a diminución progresiva da corrente migratoria cara a illa de Cuba nesa década como a idade elevada dos seus membros, deciden unirse para así acadar maiores beneficios e poder proporcionar recreo e axuda mutua aos socios e socias.




Documentación de “Roupar y Lousada. Sociedad de Recreo y Beneficencia” que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" e creación da nova entidade (1957)
Regulamento xeral (1957)
Libros de actas
- Xuntas Directivas (21/08/1957 - 17/12/1959)
- Xuntas Xerais (21/08/1957 - 30/08/1964)
Libro de rexistro de socios (Dende 1958)
Correspondencia
- Enviada
- Recibida
FOLIOS orixinais da entidade co emblema societario




SOCIEDAD DE INSTRUCCIÓN, BENEFICENCIA Y RECREO HIJOS DE ROUPAR. A Habana, 1913-1957
Esta sociedade foi creada polos emigrantes naturais da parroquia de Roupar, do concello lucense de Xermade, residentes na illa de Cuba co obxectivo principal de financiar a construción dunha casa-escola na súa parroquia natal. A escola foi inaugurada en 1921 e funcionou como centro educativo ata ben avanzado o século XX.
En 1957 desaparece como entidade propia tras a súa fusión coa sociedade «Progreso de Lousada», pasando a denominarse «Roupar y Lousada, sociedad de recreo y beneficencia».
No ano 2002, creouse na parroquia de Roupar unha asociación cultural que leva o seu mesmo nome e que se encargou de restaurar o edificio escolar, recoñecendo o grande labor realizado polos seus emigrantes en prol da instrución do seu pobo.



Documentación “Sociedad de instrucción, beneficencia y recreo Hijos de Roupar” que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega

REGULAMENTO (1930)
Libros de actas
- Xuntas directivas (18/07/1913 - 9/09/1917)
- Xuntas directivas (10/10/1917 - 14/02/1930)
- Xuntas directivas (13/03/1930 - 9/01/1945)
Libro de rexistro de socios (1954)
Memorias
- 1913 (publicada en 1914)
- 1914 (publicada en 1915)
Folios orixinais da entidade co emblema societario




PROGRESO DE LOUSADA, SOCIEDAD CULTURAL Y DE SOCORROS MUTUOS. A Habana 1916-1957
Esta sociedade foi fundada na capital cubana por emigrantes naturais da parroquia de Santo André de Lousada do concello de Xermade o 30 de xaneiro de 1916. Dende os seus inicios tiña como principal obxectivo fomentar a instrución gratuíta na súa parroquia natal. En 1918 inaugúrase unha escola no lugar de Pazo nun edificio construído coas remesas que envían dende Cuba. Ademais dotou aos agricultores da súa parroquia dunha moderna maquinaria debulladora de cereais.
A partir de 1931 céntrase nun labor cultural e de axuda mutua a prol dos e das súas socias, sen esquecer o apoio económico a diversas iniciativas para o desenvolvemento económico e agrícola do seu terruño como a construción dunha estrada ou a instalación da electricidade e do teléfono no concello.
A súa andaina remata o 29 de maio de 1957, data en que aproba por unanimidade a súa fusión coa sociedade irmá Hijos de Roupar, que tiña os mesmos fins pasando a denominarse «Roupar y Lousada, sociedad de recreo y beneficencia».



Documentación de “PROGRESO DE LOUSADA, SOCIEDAD CULTURAL Y DE SOCORROS MUTUOS” que se pode consultar no Arquivo de Fondos do Consello da Cultura Galega

Regulamento (1918)
Estatutos xerais (1931)
Libro de rexistro de socios (1941-1957)
Memoria das actividades sociais do bienio 1954-1956
Correspondencia
- Sobre a construción dunha estrada no Fondal de Lousada (1951)
- Instalación teléfono en Lousada, escolas, banquetes, etc.


 
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega
Roupar y Lousada. Sociedad de Recreo y Beneficencia
A Habana. 1957 – ata a actualidade
Data de publicación
Xoves, 4 de abril de 2024
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)