Congreso - XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos. 17-20 de abril de 2024

XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Congreso

XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonía

17-20 de abril de 2024
Braga (Portugal)
Congreso

XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonía

17-20 de abril de 2024 Braga (Portugal)
O Consello da Cultura Galega colabora coa organización do XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que terá lugar na Universidade do Minho (Braga/Guimarães, Portugal), do 17 ao 20 de abril de 2024.

Baixo o título "Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonía", o XIV Congreso da AIEG pretende ser un espazo para a reflexión sobre a relación entre Galicia e os estudos galegos co que se ten denominado Lusofonía. Como se sabe, xa nos inicios da irrupción do galeguismo cultural (e político) no século XIX –e, polo tanto, en boa medida, tamén do inicio do que podemos entender por estudos galegos– Portugal e a súa cultura –o mundo en portugués en xeral– ocuparon unha posición non menor nas elaboracións dos galeguistas. Co pasar dos anos, se a chamada questione della lingua, problematizou polemicamente o encontro, a relación, hoxe, nun novo contexto marcado, entre outros factores, pola construción europea, as relacións de variado signo aos dous lados do río Miño ou mesmo do océano Atlántico e doutras latitudes, experimentan un novo folgo, moi probabelmente inédito na Época Contemporánea.

No programa do Congreso, o Consello da Cultura Galega organiza a sesión de relatorios "A INTERPRETACIÓN DO REPERTÓRIO LÍRICO MEDIEVAL HOXE: ENXEÑERÍA E INVESTIGACIÓN", coordinada por Rebeca Blanco-Rotea, que se realizará o 17 de abril de 2024 ás 14:15 horas.

Relatorios:
- Antoni Rossell: "A música medieval hoxe: interpretación, actualización e transmedialidade"
- Belén Bermejo López: "Algúns apuntes sobre a evolución na interpretación do repertorio lírico medieval á luz de setenta anos de rexistros fonográficos"
- Luciano Pérez Díaz: "A descuberta da Artesanía Intricada dos mestres pedreiros"
Ficha técnica 
Congreso
XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos
Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonía
Cando
17-20 de abril de 2024
Onde
Braga (Portugal)
Lugar

Universidade do Minho
Campus de Gualtar
R. da Universidade
4710-057 Braga