Debate - Migracións galegas a Europa, entre memoria e historia. . 18 de abril e 9 de maio de 2024

Migracións galegas a Europa, entre memoria e historia.

Debate

Migracións galegas a Europa, entre memoria e historia.

Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido

18 de abril e 9 de maio de 2024
Vigo
Debate

Migracións galegas a Europa, entre memoria e historia.

Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido

18 de abril e 9 de maio de 2024 Vigo
Na posguerra mundial, Europa adquiriu unha importancia progresiva como destino das migracións galegas, primeiro de maneira complementaria á reanudación dos fluxos cara ás Américas dende 1946, para nas décadas seguintes converterse en corrente que igualaba ou sobordaba a Arxentina, Brasil ou Venezuela. Desta maneira, tanto o Reino Unido, parada final das viaxes dos migrantes a bordo do Montserrat, como Suíza, Francia, Alemaña e os Países Baixos acolleron milleiros de galegos e galegas. Este ciclo de debates están articulados arredor da exposición As xeracións do Montserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido

Na primeira mesa redonda (18 de abril) analizaranse, desde un punto de vista histórico e sociolóxico, as dinámicas migratorias cara ao Reino Unido e a Europa continental, as experiencias dos galegos e galegas nos destinos continentais, as súas idas e voltas, e mais o legado desas migracións ata a época actual.

Na segunda mesa (9 de maio) abordarase a proxección literaria e as representacións desas migracións na cultura galega contemporánea.
Ficha técnica 
Debate
Migracións galegas a Europa, entre memoria e historia.
Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido
Cando
18 de abril e 9 de maio de 2024
Onde
Vigo
Lugar

Casa das Artes
Policarpo Sanz, 15
36202 Vigo

Organiza
Concello de Vigo
Colabora
Consello da Cultura Galega