Xornada - A arquitectura desde Compostela. 7 e 8 de maio de 2007

A arquitectura desde Compostela

Cultura, arquitectura e identidade Xornada

A arquitectura desde Compostela

Cultura, arquitectura e identidade

7 e 8 de maio de 2007
Santiago de Compostela
Xornada
Cultura, arquitectura e identidade

A arquitectura desde Compostela

Cultura, arquitectura e identidade

7 e 8 de maio de 2007 Santiago de Compostela
Dentro do proxecto Cultura, arquitectura e identidade, preséntase a análise da actual actividade arquitectónica e cultural en Galicia. Esta investigación ofrécese, conscientes do compromiso deste estudo dun xeito gradual e progresivo atendendo á diversidade das distintas áreas ceográficas e culturais galegas. Preséntase esta primeira iniciativa nunhas xornadas de análise da actividade arquitectónica e cultural galega centrándose dende o territorio de Compostela. Un retrato da arquitectura que servirá de pretecto de reflexión sobre a identidade, o local, o global e a realidade extraterritorial dunha área que concita unha gran significación.

Móstrase esta dimensión de análise da produción arquitectónica e creativa atendendo a unha perspectiva histórica e actual, desde a teoría e a experiencia dos seus profesionais. Realizarase unha achega xeracional desde os diversos arquitectos e equipos que na actualidade desenvolven a súa actividade desde estas terras, centrándose nunha reflexión sobre a arquitectura nos bordos do territorio e da cultura, no deseño e na proxección desde o arquitectónico, coa presentación de obras e proxectos nos que se reúne esa problemática do encontro ou da fricción, na relación cómplice coa paisaxe e a cidade.
Programa
Temáticas