Xornada - A arquitectura desde Ourense. 26 e 27 de xuño de 2007

A arquitectura desde Ourense

Cultura, arquitectura e identidade Xornada

A arquitectura desde Ourense

Cultura, arquitectura e identidade

26 e 27 de xuño de 2007
Ourense
Xornada
Cultura, arquitectura e identidade

A arquitectura desde Ourense

Cultura, arquitectura e identidade

26 e 27 de xuño de 2007 Ourense
Dentro do proxecto Cultura, arquitectura e identidade, preséntase a iniciativa de análise da actividade arquitectónica e cultural en Galicia na actualidade. Esta investigación ofrécese, conscientes do compromiso deste estudo, dun xeito gradual e progresivo atendendo á diversidade das diversas áreas xeográficas e culturais galegas. Móstrase esta nova iniciativa nunhas xornadas de análise da actividade arquitectónica e cultural galega centrándose no territorio e na área creativa de Ourense. Un retrato da arquitectura que servirá de pretexto de reflexión sobre a identidade, o local, o global e a realidade extraterritorial dunha cidade e provincia que concitan unha gran significación.

Unha vontade de análise da produción arquitectónica e creativa atendendo a un estudo histórico e actual, desde a teoría e a experiencia dos seus profesionais. Realizarase unha achega xeracional desde os diversos arquitectos e equipos con actividade vencellada a estas terras, centrándose nunha reflexión sobre a arquitectura nos bordos do territorio e da cultura, no deseño e na proxección desde o arquitectónico, coa presentación de obras e proxectos nos que se fusiona esa problemática da fronteira, da ficción de periferia ou límite cultural, na relación cómplice coa paisaxe e da cidade.
Programa
Temáticas