Xornada - A arquitectura desde A Coruña. 10 e 11 de xullo de 2007

A arquitectura desde A Coruña

Cultura, arquitectura e identidade Xornada

A arquitectura desde A Coruña

Cultura, arquitectura e identidade

10 e 11 de xullo de 2007
A Coruña
Xornada
Cultura, arquitectura e identidade

A arquitectura desde A Coruña

Cultura, arquitectura e identidade

10 e 11 de xullo de 2007 A Coruña
Dentro do proxecto Cultura, arquitectura e identidade, preséntase a iniciativa de análise da actividade arquitectónica e cultural en Galicia na actualidade. Esta investigación ofrécese, conscientes do compromiso deste estudo, dun xeito gradual e progresivo atendendo á diversidade das diversas áreas xeográficas e culturais galegas. Móstrase esta nova iniciativa nunhas xornadas de análise da actividade arquitectónica e cultural galega centrándose no territorio e na área creativa da Coruña. Un retrato da arquitectura que servirá de pretexto de reflexión sobre a idnetidade, o local, o global e a realidade extraterritorial dunha cidade e provincia que concitan unha gran significación.

Unha vontade de análise da producción arquitectónica e creativa atendendo a un estudo histórico e actual, desde a teoría e a experiencia dos seus profesionais. Realizarase unha achega xeracional desde os diversos arquitectos e equipos con actividade vencellada a estas terras, centrándose nunha reflexión sobre a arquitectura nos bordos do territorio e da cultura, no deseño e na proxección desde o arquitectónico, coa presentación de obras e proxectos nos que se fusiona esa problemática da fronteira, da fricción de periferia ou límire cultural, na relación cómplice coa paisaxe e a cidade.
Programa
Temáticas