Xornada - A arquitectura desde Pontevedra. 24 e 25 de outubro de 2007

A arquitectura desde Pontevedra

Cultura, arquitectura e identidade Xornada

A arquitectura desde Pontevedra

Cultura, arquitectura e identidade

24 e 25 de outubro de 2007
Pontevedra
Xornada
Cultura, arquitectura e identidade

A arquitectura desde Pontevedra

Cultura, arquitectura e identidade

24 e 25 de outubro de 2007 Pontevedra
Dentro do proxecto Cultura, arquitectura e identidade, preséntase a iniciativa de análise da actividade arquitectónica e cultural en Galicia na actualidade. Esta investigación ofrécese, conscientes do compromiso deste estudo, dun xeito gradual e progresivo atendendo á pluralidade das diveras áreas xeográficas e culturais galegas. Despois das experiencias de Compostela, Ourense, A Coruña, Vigo e Lugo, móstraxe esta nova iniciativa nunha xornada de análise da actividade arquitectónica e cultural galega centrándose no territorio e na área creativa de Pontevedra. Un retrato da arquitectura que servirá de pretexto de reflexión sobre a identidade, o local, o global e a realidade extraterritorial dunha cidade e provincia que concitan unha gran significación.

Unha vontade de análise da produción arquitectónica e creativa atendendo a un estudo histórico e actual, desde a teoría e a experiencia dos profesionais pontevedreses. Realizarase unha achega xeracional desde os diversos arquitectos e equipos con actividade vencellada a estas terras, centrándose nunha reflexión sobre a arquitectura nos bordos do territorio e da cultura, no deseño e na proxección desde o arquitectónico, mediante a presentación de obras e proxectos nos que se fusiona ou límite cultural, sempre nesa relación cómplice coa paisaxe e coa cidade.
Programa
Temáticas