Xornada - A arquitectura desde Canarias. 29 de setembro - 1 de outubro de 2005

A arquitectura desde Canarias

Arquitectura e identidade cultural Xornada

A arquitectura desde Canarias

Arquitectura e identidade cultural

29 de setembro - 1 de outubro de 2005
Santiago de Compostela
Xornada
Arquitectura e identidade cultural

A arquitectura desde Canarias

Arquitectura e identidade cultural

29 de setembro - 1 de outubro de 2005 Santiago de Compostela
Desde a Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega, a súa Comisión Técnica de Urbanismo e Ordenación do Territorio, e en colaboración coa Sección de Artes Plásticas, realizáronse nunha serie de actividades e proxectos enfocados a complementar a ollada da creación arquitectónica contemporánea no territorio galego. Repensar o feito arquitectónico e a súa interdisciplinariedade plástica e espacial; unha intención que aparece perfectamente retratada neste proxecto "Arquitectura e identidade cultural".

Con esta vontade é coa que xurdíu o proxecto "Arquitectura e Identidade Cultural", no que se traballou desde a Sección durante os anos 2003-2006. Realizouse un achegamento ordenado e metódico ás diversas áreas culturais, ademais de xeográficas, do territorio peninsular. Un retrato variado dos diferentes focos de investigación creativa, atendendo a criterios e valores de forte presenza cultural, indentificativa e patrimonial. Criterios de memoria, lugar e modernidade concretadas en diversas escalas, organizadas nunha serie de xornadas de traballo, cada unha delas atendendo ou dirixidas a unha área determinada da xeografía española e portuguesa

"A Arquitectura desde Canarias"

A seguinte escala do proxecto no ano 2005 foi a dedicada A Arquitectura desde Canarias, celebradas os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro, unhas xornadas coordinadas por Virgilio Gutiérrez, decano do Colexio de Arquitectos de Canarias, demarcación de Tenerife, La Gomera e Hierro. Este seminario presentou un ambicioso e pioneiro retrato desde a Península da arquitectura e da cultura canarias desde mediados do século pasado ata a actualidade. Diversos profesionais retrataron a realidade desta área nunha intención interxeracional: os equipos AMP, GPY, Estévez Asociados ou GBGV, ou Héctor García e Manuel Feo, entre outros. Sobresaíu a realización dunha mesa redonda o último día na que se celebrou unha homenaxe a aqueles profesionais históricos da arquitectura canaria, Rubens Henríquez, Agustín Juárez, Manuel Roca, Félix Juan Bordes, Javier Díaz-Llanos e Vicente saavedra, baixo a coordinación de Clara Muñoz.
Folleto
Temáticas