Xornada - A arquitectura desde Castela-A Mancha, Azores e Madeira. 4-6 de maio de 2006

A arquitectura desde Castela-A Mancha, Azores e Madeira

Arquitectura e identidade cultural Xornada

A arquitectura desde Castela-A Mancha, Azores e Madeira

Arquitectura e identidade cultural

4-6 de maio de 2006
Santiago de Compostela
Xornada
Arquitectura e identidade cultural

A arquitectura desde Castela-A Mancha, Azores e Madeira

Arquitectura e identidade cultural

4-6 de maio de 2006 Santiago de Compostela
Desde a Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega, a súa Comisión Técnica de Urbanismo e Ordenación do Territorio, e en colaboración coa Sección de Artes Plásticas, realizáronse nunha serie de actividades e proxectos enfocados a complementar a ollada da creación arquitectónica contemporánea no territorio galego. Repensar o feito arquitectónico e a súa interdisciplinariedade plástica e espacial; unha intención que aparece perfectamente retratada neste proxecto "Arquitectura e identidade cultural".

Con esta vontade é coa que xurdíu o proxecto "Arquitectura e Identidade Cultural", no que se traballou desde a Sección durante os anos 2003-2006. Realizouse un achegamento ordenado e metódico ás diversas áreas culturais, ademais de xeográficas, do territorio peninsular. Un retrato variado dos diferentes focos de investigación creativa, atendendo a criterios e valores de forte presenza cultural, indentificativa e patrimonial. Criterios de memoria, lugar e modernidade concretadas en diversas escalas, organizadas nunha serie de xornadas de traballo, cada unha delas atendendo ou dirixidas a unha área determinada da xeografía española e portuguesa

"A Arquitectura desde Castela-A Mancha, Azores e Madeira"

Esta escala do proxecto foi realizada no ano 2006, adicada A arquitectura desde Castela-A Mancha, Azores e madeira, celebrado os días 4, 5 e 6 de maio. Estas xornadas foron coordinadas por Laura Espejo. Este seminario presentou un ambicioso retrato de rexións da Península e da arquitectura dos arquipélagos portugueses de Madeira e Azores. Diversos profesionais retrataron a realidade destas rexións dende un punto de vista interxeracional: as equipas de Risco A4, SAMI-arquitectos, AS, PAZ + CAL arquitectura, LLPS arquitectos, BERNALTE y LEÓN, ou Luis Vilhena, Paulo Davis, ALejandro Gil Díaz, entre moitos outros. Neste sentido, foron realizadas varias mesas redonadas, unha sobre os territorios portugueses de ultramar, outra sobre Castela-A Mancha e unha última das tres rexións.
Ficha técnica 
Xornada
Arquitectura e identidade cultural
A arquitectura desde Castela-A Mancha, Azores e Madeira
Arquitectura e identidade cultural
Cando
4-6 de maio de 2006
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Laura Espejo
Iago Seara Morales
Relator/a
Javier Bernalte
Paulo David
Jose Ramón de la Cal
Manuel de las Casas
Laura Espejo
José Manuel Fernandes
Freddy Ferreira César
Arturo Franco
Arturo Franco
Alejandro Gil Díaz
Celia Gomes
Juan Llorente
Pedro Machado Costa
Ignacio Mendaro Corsini
Bernardo Rodrigues
Miguel Vieira
Inês Vieira da Silva
Luis Vilhena
Organiza
Consello da Cultura Galega