Xornada - A arquitectura desde Lisboa.

A arquitectura desde Lisboa

Arquitectura e identidade cultural Xornada

A arquitectura desde Lisboa

Arquitectura e identidade cultural


Santiago de Compostela
Xornada
Arquitectura e identidade cultural

A arquitectura desde Lisboa

Arquitectura e identidade cultural

Santiago de Compostela
Desde a Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega, a súa Comisión Técnica de Urbanismo e Ordenación do Territorio, e en colaboración coa Sección de Artes Plásticas, realizáronse nunha serie de actividades e proxectos enfocados a complementar a ollada da creación arquitectónica contemporánea no territorio galego. Repensar o feito arquitectónico e a súa interdisciplinariedade plástica e espacial; unha intención que aparece perfectamente retratada neste proxecto "Arquitectura e identidade cultural".

Con esta vontade é coa que xurdíu o proxecto "Arquitectura e Identidade Cultural", no que se traballou desde a Sección durante os anos 2003-2006. Realizouse un achegamento ordenado e metódico ás diversas áreas culturais, ademais de xeográficas, do territorio peninsular. Un retrato variado dos diferentes focos de investigación creativa, atendendo a criterios e valores de forte presenza cultural, indentificativa e patrimonial. Criterios de memoria, lugar e modernidade concretadas en diversas escalas, organizadas nunha serie de xornadas de traballo, cada unha delas atendendo ou dirixidas a unha área determinada da xeografía española e portuguesa

"A Arquitectura desde Lisboa"

O proxecto Arquitectura e identidade cultural inicióuse en maio de 2003 coas xornadas A Arquitectura desde Lisboa, nas que, baixo a coordinación de Jorge da Cruz Pinto, profesor da ETSA de Lisboa, invitouse a participar a algúns distinguidos profesionais da capital portuguesa e da súa franxa de actuación, como Carrilho da Graça, o equipo ARX Portugal, José Soalheiro, Pancho Guedes ou Vitor Figueiredo.

Temáticas
Ficha técnica 
Xornada
Arquitectura e identidade cultural
A arquitectura desde Lisboa
Arquitectura e identidade cultural
Cando

Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Organiza
Consello da Cultura Galega