Ciclo
O conflito Israel/Palestina: é posible a paz?
26 de setembro de 2024
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
O conflito Israel/Palestina: é posible a paz?
Josep Gisbert e Juan Manuel Trillo Santamaría dialogan con Xoan Antón Pérez Lema
Josep Gisbert
Periodista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universitat Autònoma de Barcelona en 1980. Comeza a traballar en 1975 no Diari de Sabadell. Desde 1977 e até 2022 faino en La Vanguardia, primeiro como correspondente e despois como auxiliar de redacción, redactor e xefe de sección, e neste xornal especialízase en información política catalá. Actualmente mantén un blog, Pasos Perdidos, e colabora en El Nacional.cat, El Punt Avui e o Diari de Sabadell. É autor de Els mons de Ramon Trias Fargas, editado pola Fundació Ramon Trias Fargas o ano 2000, con motivo do décimo aniversario da súa morte. Publicou diversos artigos sobre o conflito árabe-israelí, polo que sempre mostrou un interese especial e sobre o que procurou documentarse de forma extensa e variada.
Juan Manuel Trillo Santamaría
Doutor pola Universidad Carlos III de Madrid, na actualidade é profesor titular no Departamento de Xeografía da USC. Traballou na Universitat Pompeu Fabra e realizou estadías de investigación en distintos centros europeos. A súa liña de investigación principal son os estudos fronteirizos, a cooperación transfronteiriza e territorial, as áreas protexidas
en espazos de fronteira, turismo e fronteira, as paisaxes transfronteirizas e a xeografía histórica das fronteiras. Ten publicacións en diversos formatos e participou en proxectos, congresos e seminarios nacionais e internacionais. Entre outros cargos, é coeditor rexional para Europa da revista Journal of Borderlands Studies, da Association for Borderlands Studies, referente a nivel internacional nos estudos fronteirizos.
Xoan Antón Pérez Lema
Avogado en exercicio dende 1990 e socio-director de Perez-Lema, Avogados e Consultores, S.L. dende 2009. Foi profesor da UVigo, da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados da Coruña e da EGAP. Licenciado en Dereito e letrado asesor de Empresas pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid, cursou estudos de doutoramento na USC. Exerceu os cargos de secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta de Galicia (novembro 2007-abril 2009) e xefe do Gabinete do conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (1987-1990). É analista político en prensa e secretario xeral de ACOUGA.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.