Mesa redonda - A memoria do teatro galego na Transición . Luns, 14 de outubro de 2024

A memoria do teatro galego na Transición

Mesa redonda

A memoria do teatro galego na Transición

Luns, 14 de outubro de 2024
Santiago de Compostela
Mesa redonda

A memoria do teatro galego na Transición

Luns, 14 de outubro de 2024 Santiago de Compostela

Mira os episodios


A memoria do teatro galego na Transición son catro pezas documentais nas que afrontamos a recuperación, a través da memoria dos seus protagonistas e de documentos audiovisuais da época, dun período fundamental para a construción da identidade social e cultural da Galicia contemporánea. Esta reconstrución da memoria do teatro galego nos anos setenta e oitenta do século XX realizouse a partir da recompilación dos feitos e das creacións que podemos considerar fundacionais do teatro profesional galego, por medio de entrevistas rexistradas en audiovisual e coa participación das persoas que foron, e son, parte activa do movemento teatral independente galego.

Deste xeito, creamos catro pezas audiovisuais onde se trataron cronoloxicamente a creación do teatro independente en Galicia, a profesionalización a partir das Mostras de Teatro de Ribadavia, a creación das institucións vinculadas ao teatro e a participación das mulleres na fundación do teatro galego tal e como o entendemos hoxe en día.
Ficha técnica 
Mesa redonda
A memoria do teatro galego na Transición
Cando
Luns, 14 de outubro de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)
Colabora
Academia Galega de Teatro