Presentamos a colección de carteis da Queimada Popular de Cervo, ilustrados por Xosé Vizoso, a quen se lle dedica o Día da Ilustración 2025, convocado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Este conxunto de carteis, cedidos pola Asociación Cultural Airiños do Xunco, é unha boa mostra do recoñecible estilo de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), quen estivo vinculado ao deseño na fábrica de Sargadelos. Os carteis celebran a compoñente lúdica e máxica coa que se construiu o ritual da queimada na Galicia contemporánea.