Xornada - Isaac, editor. 27 de marzo de 2025

Isaac, editor

CCG. Acolle | Xornada

Isaac, editor

27 de marzo de 2025
Santiago de Compostela
CCG. Acolle | Xornada

Isaac, editor

27 de marzo de 2025 Santiago de Compostela
A Asociación Galega de Editoras organiza, co apoio da Deputación da Coruña e en colaboración do Consello da Cultura Galega, a xornada "Isaac, editor", que terá lugar o 27 de marzo de 2025, en horario de 10:30 a 13:00 horas, no Salón de actos do Consello da Cultura Galega (Compostela de Compostela).

No ano en que se lle dedica o Día das Artes Galegas a Isaac Díaz Pardo, a Asociación Galega de Editoras conmemorará a súa figura nesta xornada centrada no seu papel á fronte de Ediciós do Castro. Presidente de honra da AGE desde o ano 2006, puxo en marcha Ediciós do Castro en 1963, especializada na recuperación da memoria histórica de Galicia, a divulgación cultural e científica galegas, e unha das editoriais máis importantes de Galicia no século XX.

O programa artellarase en dúas conferencias: a de apertura, a cargo de Charo Portela -quen fora subdirectora de Ediciós do Castro e coordinadora das actividades culturais do Instituto Galego de Información até 2008-, baixo o título Isaac Díaz Pardo, editor; e a de peche, a cargo do deseñador gráfico Pepe Barro, que ofrecerá unha panorámica da imaxe da edición galega até Ediciós do Castro, co lema Deseño e identidade do libro galego.

O acceso é libre e gratuíto até completar a capacidade da sala.
Cartaz
Isaac, editor
Cartaz en PDF
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Xornada
Isaac, editor
Cando
27 de marzo de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Organiza
Asociación Galega de Editoras
Colabora
Consello da Cultura Galega